Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Viso solicita melloras nas infraestruturas con máis prazas de aparcamento e beirarrúas

RR_Noticias

O Consello parroquial de O Viso solicita a creación de novas prazas de estacionamento nas inmediacións tanto do colexio de Cesantes como nas proximidades do Antigo Preescolar, a mellora da iluminación en distintas zonas da parroquia e a instalación de beirarrúas na Teixeira. A presidenta do Consello, Herminda Quelle salienta a importancia destes organismos na mellora das parroquias e anuncia que en breve poderían comezar a funcionar en Saxamonde, Vilar, Cesantes e Ventosela.  

O consello parroquial de O Viso solicita a creación de novos estacionamentos nas inmediacións tanto do colexio de Cesantes como nas proximidades do Antigo Preescolar. Estes foron dous dos acordos adoptados por unanimidade por parte dos representantes veciñais que forman parte deste órgano consultivo no que se decidiu ademais demandar da administración competente que se axilicen as xestións para a instalación de beirarrúas, mellora da seguridade vial e colocación dunha rotonda no crece que vai ao Campo de fútbol. Tamén se acordou reclamar a instalación da iluminación en distintas partes da parroquia, como no barrio de Soutoxuste, onde segundo explicou a presidenta do Consello Parroquial, a concelleira de Participación Cidadá Herminda Quelle, xa se está a traballar. Dende a Concellería continúan traballando para a posta en marcha destes consellos parroquiais que xa funcionan en Reboreda, Chapela e O Viso e que en breve poderían dar os seus primeiros pasos en Saxamonde, Vilar, Cesantes e Ventosela, aínda que o obxectivo é que acaben funcionando en todas as parroquias. Quelle entende que a súa existencia é importante “sobre todo nestes tempos de crise”, xa que é un xeito de buscar consenso entre todas as asociacións para decidir cales son as obras prioritarias para cada parroquia e sacarlle así maior rendabilidade aos cartos dispoñibles  

Herminda Quelle edil de Participaión Cidadá
A concelleira explicou cales foron os acordos adoptados no último consello de o Viso
Función dos consellos
A súa importancia increméntase en tempos de crise
Novos consellos parroquiais
Xa están en fase de constitución en Saxamonde Vilar Cesantes e Ventosela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará