Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un concurso on-line dos empresarios promove o consumo no comercio local

RR_Noticias

O programa de actividades que organiza a Asociación de Empresarios de Redondela en colaboración co concello co gallo do Nadal mantén as citas tradicionais coa ludoteca e a animación da rúa. Os clientes do comercio local participarán ademais dun sorteo de tres vales de compra por valor de mil euros cada un.

Fomentar o consumo no comercio local é o obxectivo que persegue a campaña de Nadal que pon en marcha a Asociación de empresarios. Unha campaña que este ano sorteará tres vales de mil euros cada un entre todos os clientes que nestas datas fagan algunha compra nos establecementos da vila. Un sorteo que presenta como novidade principal o feito de que a todos os clientes se lles entregará nos comercios uns boletos numerados que poderán ser portadores dalgún agasallo. O xeito de comprobalo será directamente na páxina web da asociación de empresarios. Un sorteo novidoso, que segundo explicaba a xerente da Asociación, Julia Alonso, serve “para promover o uso das novas tecnoloxías entre os comerciantes e a sociedade en xeral”. Un sorteo que permite dar un agasallo ao día ademais de participar no sorteo final dos vales de compra. O programa de Nadal complétase coa tradicional ludoteca, encamiñada a facilitar as comprar de pais e nais, que dende as 10:00 horas e ata as 13:00 horas poden deixar aos seus fillos na ludoteca Indiana Bill. Un servicio xa consolidado e que permite ás familias facer as súas compras con tranquilidade. Os cativo terán ademais actividades propias como o ocncurso infantil de debuxo que culminará o día 23 de decembro coa entrega dos premios e a presentación en sociedade da nova mascota da vila. Instalaranse ademais buzóns reais para que os cativos poidan enviar as súas cartas aos Reis Magos.  

Julia Alonso xerente Asociación de Empresarios
Un sorteo on line
Servizo de ludoteca
Un servizo consolidado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará