Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco salva un punto en Hío no último minuto

RR_Noticias

Era o minuto 89 cando os de Jacobo montes acadaron o empate no Javier Guimeráns. Un gol polémico que chegou logo dun córner moi protestado polo Cruceiro, pero que reforza o liderado do Choco. Na Primeira Autonómica o Chapela perdeu no Porriño e na Segunda e Terceira rexional xogáronse partidos aprazados no inicio da liga.

Preferente Autonómica

Cruceiro de Hío 1-1 Choco
Un gol de Molinos no minuto 89 do partido serviulle ó Choco para sumar un punto no campo do Cruceiro de Hío. O tanto estivo marcado pola polémica, xa que chegou logo dun saque de córner que foi moi protestado polos locais, que se adiantaran no minuto 74 cun gol de Berto. O terreo de xogo, de reducidas dimensións, foi protagonista do partido, con moitas xogadas a balón parado perigosas. Na primeira metade tivo máis ocasións o equipo redondelán, pero o porteiro local estivo acertado nos despexes. Xa na segunda metade, co Cruceiro máis asentado, os do Morrazo foron algo superiores. E a un cuarto de hora para rematar o encontro chegou o tanto local. Xa case no minuto 90 chegou a polémica xogada que supuxo o empate. O porteiro Marcos tirouse ó chan para evitar un saque de esquina e puido facerse claramente co balón, evitando que saíra polo fondo. Pero o xuíz de liña sinalou o saque de esquina co que chegou o gol do Choco.
Con este resultado o Choco reforza o seu liderado en solitario, con 34 puntos, por diante do Arousa, con 32. A próxima xornada decidirase a situación de cabeza, xa que os redondeláns reciben en Santa Mariña ó Arousa.
Primeira Autonómica
Porriño Industrial 4-1Chapela
O Chapela adiantouse no marcador, pero de pouco lles serviu porque foi o seu único gol do partido. Os locais anotaron catro goles na segunda parte. Os redondeláns seguen a afundirse na táboa, e na próxima xornada reciben ó Gondomar, un dos equipos que encabezan a táboa.
Na Segunda e Terceira Autonómica os equipos locais tiñan descanso, non había onte xornada ligueira, o que a federación aproveitou para disputar os partidos aprazados que tiñan algúns dos equipos desde que comezara o campionato.
Segunda Autonómica
Unión Dena 2-1 Arcade
Os de Soutomaior perderon un punto no tempo de desconto, xa que segundos antes de pitar o final os de Jonathan Alvarez tiñan empatado o encontro. Pero o Dena conseguía anotar o segundo gol no minuto 92, e deixou ó Arcade sen premio. Seguen afundidos na parte baixa da táboa, e a próxima xornada xogan no campo do Caldas, equipo da parte alta da táboa.
Terceira Autonómica
Sampaio 2-1 Soutomaior
O soutomaior perdeu a súa condición de invicto no partido disputado onte, encontro aprazado a prinicipio de temporada, un interesante derbi rexional. O resultado deixa ó Soutomaior aínda de líder, pero non en solitario, comparte a primeira praza con Praderrei e Sampaio.
Na próxima xornada xógase outro interesante derbi comarcal, o Soutomaior-Cesantes
Cesantes 4-1 Xeve
O Cesantes deulle unha lección de fútbol ó Xeve, nun encontro no que os redondeláns foron moi superiores.
Futbol Sala Autonómica Sur
Redondela F.S 4.2 -Cereixa
Os de Noli foron moi superiores ó Cereixa, o pechacancelas do grupo. Na próxima xornada terán un rival moito máis duro, xogan na pista do Erichkrause As Pedriñas
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará