Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O guión repítese: vitoria para o Paraxe Chapela derrota para a SAR

RR_Noticias

A SAR xogou ben e foi rival para un contrincante difícil pero a actuación arbitral non llelo puxo doado aos xogadores de Redondela nun encontro que rematou co resultado de 34-36 a favor dos xogadores do Zamora. O Chapela non defraudou e acadou unha nova vitoria ante o Cisne, nun partido axustado co marcador final de 32-31.

A SAR perdeu na bomboneira por tan so dous goles nun encontro onde o protagonismo foi tamén para a actuación arbitral, xa que os xogadores do equipo redondelá, que amosaron o seu mellor xogo no partido do sábado ante o Zamora, entende que foi clave na súa derrota a actuación da parella arbitral.
Con todo, a Sar Plastic Omnium plantoulle cara ao rival, un equipo moi superior como o amosa a súa segunda posición na táboa, e perderon por tan só dous goles un encontro que rematou co resultado de 34-36 a favor dos visitantes.
Un mal resultado para o equipo local que se afunde na categoría. Dende esa penúltima praza desprázanse na vindeira xornada ao campo do Seis do Nadal.
Pola súa banda, o Paraxe Chapela volveu gañar no encontro disputado o sábado, con todo viviron un final de infarto onde a falta de tan só dez segundos para o remate do partido o Cisne tivo nas mans de Iván Abilleira o gol do empate. Por sorte para o Paraxe o seu contrincante non foi quen de arrancarlle ningún punto e a vitoria quedou en Chapela co axustado marcador de 32-31
Unha vitoria que permite ao Paraxe ascender un posto na categoría ata situarse na cuarta praza. Na vindeira xornada desprázanse ao campo do Lalín.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará