Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Feridas dúas mozas nun accidente en Negros

RR_Noticias

O condutor do vehículo, un mozo veciño de Millarada de 18 anos de idade, resultou ileso mentres que as dúas mozas que o acompañaban resultaban feridas de diferente consideración. Os feitos producíronse pasadas as dez da noite do venres cando o Citroen Saxo no que viaxaban os tres ocupantes, saíse da vía cando baixaba pola N-555 en dirección a Redondela precipitándose por un noiro de 15 metros.

O vehículo dirixíase cara o centro da vila pola N-555 e nunha curva saíuse da vía, precipitándose a unha leira logo de colidir contra un poste de madeira e un farol do alumeado municipal. O turismo levouse por diante ademais parte do quitamedos da estrada para a continuación caer por un noiro duns 15 metros de altura.
Os tres mozos, veciños da parroquia de Vilar, saíron polo seu propio pé do vehículo, de feito es egundo información da policía local o condutor resultou ileso mentres que as dúas mozas que o acompañaban si tiveron que ser atendidas logo de resultar feridas de diversa consideración.
O coche sinistrado foi rescatado na mañá do sábado por un guindastre, unha operación que obrigou a cortar o tráfico na estrada que comunica Redondela con Peinador.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará