Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un ladrón no interior dun establecemento en Pai Crespo

RR_Noticias

Axentes da policía local detiveron na madrugada de hoxe a un home de 26 anos e de nacionalidade romanesa logo de ser sorprendido no interior dun establecemento comercial na rúa Pai Crespo, no centro da vila. O detido actuaba en compañía doutro individuo que logrou fuxir.

Un veciño foi quen deu a voz de alarma logo de decatarse de que algo estaba a acontecer no local, motivo polo que decidiu chamar á policía local. Unha vez no lugar, os axentes sorprenderon no interior do establecemento a un home de nacionalidade romanesa e de 26 anos de idade con domicilio descoñecido. Tanto o detido como o seu cómplice, que logrou fuxir antes da chegada da patrulla policial, entraron no establecemento logo de forzar a posta de entrada. Na xornada de hoxe o detido será posto a disposición xudicial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará