Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Triunfo para o Paraxe Chapela, derrota para a Sar Plastic Omnium

RR_Noticias

O balonmán local deixa resultados dispares. O Chapela lograba unha nova vitoria nun partido disputado na casa ante o pechacancelas, o Cinco Jotas mentes que a Sar caía ante o OAR nun encontro disputado na Coruña.

A SAR continúa afundíndose na categoría logo de colleitar esta fin de semana unha nova derrota ante o OAR Coruña nun encontro que rematou co resultado de 31 goles a 27. Os xogadores de Redondela, que xogaban en campo rival e contra un equipo que se atopa en mellor situación, non foron quen de arrancar ningún punto da cidade herculina. Amosaron unha melloría notable pero insuficiente, o que mantén á SAR Plastic Omnium en zona de descenso xunto co Cinco Jotas de Lavadores.
Precisamente, O Cinco Jotas foi o rival do Paraxe Chapela, que logrou unha importante vitoria fora da casa nun partido que finalizou co resultado de 27-33. Seis goles de vantaxe que sitúan ao equipo de Chapela nos postos de cabeza. Actualmente son quintos a tan só catro puntos do líder en primeira nacional, O Porriño.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará