Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Coca cobra vida da man do ilustrador Pepe Carreiro

RR_Noticias

A imaxe humanizada do dragón servirá para darlle vida a tradicional Coca nos diferentes eventos que se organicen na vila. A súa primeira aparición en publico será o día 23 de decembro cando percorra as rúas do casco urbano co gallo de inicio das festas do Nadal. Previamente haberá que darlle nome, motivo polo que a Asociación de Empresarios organiza un concurso aberto a nenos de entre 3 e 12 anos de idade. Unha das imaxes do dragón podería converterse en selo de circulación legal.

Pepe Carreiro xa trouxera no seu día aos populares debuxos infantís Os Bolechas a Redondela, pero a partires de agora a man do ilustrador vai estar presente en cada un dos actos que se celebre na vila logo de que a súa imaxinación fixera posible a conversión do terrible dragón da Coca nunha simpática e humanizada mascota. Unha mascota que nace co obxectivo de ser un símbolo de identificación da vila, especialmente pensada para os cativos e ideada a partir da imaxe tradicional da Coca. O ilustrador suliñaba que o obxectivo foi crear unha mascota “humorística e divertida” respectando iso si “as proporción clásicas, xa que tal e como establecían os gregos a altura da Coca corresponde con tres cabezas”. A mascota mantén a súa cor verde e é presentada en diferentes situacións: ataviada como rei Mago, emulando a un bailarín da danza das espadas, portando un prato de Chocos… e tomará vida por primeira vez o vindeiro día 23 pola tarde, data na que un figurante disfrazado cun traxe de gran volume percorrerá as rúas de Redondela. O alcalde Javier Bas amosou a súa satisfacción polo resultado e lembrou que o obxectivo é que o becho teña presencia en todos os actos culturais e deportivos que se organicen no municipio polo que se involucrará a todas as concellerías na súa promoción. As ilustracións pódense ver no Multiusos da Xunqueira pero a súa creación non está aínda pechada, falta aínda darlle nome, motivo polo que a Asociación de empresarios convoca a todos os nenos de entre 3 e 12 anos a participar dun concurso encamiñado a bautizar este peculiar personaxe. Coa colaboración dos centros educativos distribuiranse unhas Fichas con espazos reservados para o debuxo e o nome. O prazo para entregalas rematará o día 21 de decembro tanto no Multiusos da Xunqueria como na sede da Asociación de Empresarios. Este concurso enmárcase nun contexto máis amplo de actividades en torno a este novo símbolo da localidade. O día 23 desenvolverase un programa durante toda a xornada con contacontos, exposición dos debuxos presentados e un figurante que dará vida á mascota.  

Pepe Carreiro ilustrador
Unha Coca humorística entrañable e divertida
Unha adaptación da imaxe tradicional
Partindo do ser lendario nace a mascota con algunhas modificiacións
Javier Bas alcalde
A mascota estará presente nos actos que se desenvolvan na vila
Julia Alonso Asociación de empresarios
Os cativos poden propoñer nomes ata o día 21 de decembro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará