Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mercado laboral empeora con 122 novos desempregados na comarca

RR_Noticias

A nosa contorna experimentou no pasado mes de Novembro un novo incremento no número de desempregados, sendo 4.504 as persoas que se atopan en situación de busca de emprego nos concellos de Redondela, Soutomaior, Fornelos e Pazos. Os datos da Consellería de traballo constatan que na comarca o comportamento do mercado laboral foi acorde co acontecido en toda Galicia, comunidade onde máis creceu o paro no pasado mes.

O mes de novembro volveu deixar datos negativos cun emporamento do mercado laboral en todos os concellos da comarca. A evolución continúa a ser negativa e en Redondela foron 90 as persoas que se anotaron nas listas do INEM o que situa a cifra actual de desempregados en 2911 persoas.
Pero o comportamento pode extrapolarse a calquera dos concellos que conforman a nosa comarca. Así as cousas en Soutomaior tamén a evolución foi negativa con 20 parados máis, situándose a cifra de parados de 904.
Mesma evolución nos veciños concellos de Fornelos de Montes e Pazos de Borbén. No primeiro dos casos as listas contabilizan un total de 259 desempregados, oito mas respecto do mes anterior, mentres que en Pazos son 430 as persoas que se atopan á procura dun emprego, isto é 4 persoas máis que trinta días atras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará