Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornadas sobre o cultivo de mazás en Negros

RR_Noticias

O concello organiza o 26 de novembro no Centro Cultural de Negros  unha xornada técnico divulgativas na que se analizará o potencial que o cultivo desta froita pode ter como recurso económico na zona de Redondela. Os interesados en participar poden poñerse en contacto coa organización enviando un correo a aedl@redondela.es ou chamando ao 986110045.

Baixo o título “A mazá: potencialidades económicas dos recursos locais” dende a Concellería de desenvolvemento local de Redondela en colaboración coa Cooperativa Trespés organizan este ciclo de charlas que se desenvolverá na parroquia de Negros o sábado 26 de novembro.
O obxectivo da xornada e mostrar as potencialidades que este cultivo pode ter como recurso económico e avaliar as posibilidades e dificultades existentes para a posta en marcha de iniciativas empresariais centradas na mazá, ofrecendo unha visión do contexto do cultivo da mazá en Galicia.
No programa vanse abordar, por unha banda, cuestións técnicas referidas ás castes autóctonas de mazás, ás políticas de desenvolvemento rural, ás liñas de apoio existentes para a posta en marcha de iniciativas empresariais e á análise da fórmula cooperativa como ferramenta de auto-emprego. Ao tempo, presentaranse diversas iniciativas que teñen a mazá como eixo e que xurdiron nos últimos anos en Galicia, e poderían ser vías a desenvolver na zona.
Entre os contidos do programa contarase con dúas experiencias de explotacións de mazá, unha en Campo Lameiro e outra na zona das Neves así como a experiencia de Ullama, unha cooperativa de pequenos produtores que comercializan a produción de xeito conxunto. Mostráranse iniciativas de transformación, como Frugal, unha cooperativa de Culleredo que vende froita deshidratada e que veñen de recibir o premio aos valores cooperativistas no ano 2011, ou a produción de sidra realizada por Customdrinks, empresa radicada na zona de Chantada e que centra a súa produción na sidra ecolóxica e no vinagre de mazá.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará