Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta Electoral ábrelle expediente a Javier Bas

RR_Noticias

 
O alcalde de Redondela e o Presidente do Porto, Ignacio López Chaves veñen de ser expedientados polo órgano electoral por mor da visita que facían o oito de novembro aos terreos do futuro Museo de Rande. Javier Bas di “non estar de acordo coa decisión” pero espera a coñecer os pormenores da mesma para facer unha valoración”. A sanción por infracción electoral pode chegar ata os 3.000 euros.
 

A Xunta Electoral aceptou a denuncia presentada polo PSdeG de Vigo e comezou a tramitar un expediente contra Javier Bas e López Chaves por “incumprimento da lei electoral” pola visita que o pasado martes facían o alcalde de Redondela e o Presidente da Autoridade Portuaria xunto ao arquitecto redactor do proxecto Carlos Fálagan e o arqueólogo Xurxo Constenla, aos terreos onde se vai situar o futuro centro de interpretación da Batalla de Rande. O órgano electoral podería impor unha sanción de ata 3.000 euros polo incumprimento da lexislación vixente.
O alcalde asegura “non estar de acordo co expediente” e prefire agardar a coñecer os detalles para valoralo. Mentres o secretario de Organización do PSdeG vigués, Ángel Rivas, afirma que “todos os partidos deben cumprir a lei electoral e o contrario debe supor unha sanción”. O socialista criticaba o uso “partidista desde as institucións” de actos como a visita aos terreos que acollerán o centro de interpretación da batalla de Rande, ao que “levaron a xornalistas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará