Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP asegura que a denuncia que leva á Xunta electoral a abrir expediente a Javier Bas é falsa

RR_Noticias

O alcalde de Redondela asegura que a denuncia do PSOE ante a Xunta Electoral e que levou a este organismo a incoar un expediente sancionador contra o rexedor local e o presidente da Autoridade Portuaria, Ignacio López Chaves baséase en afirmación falsas. Argumentan que en ningún caso se visitaron “obras construídas e outros proxectos pendentes de construcción ou da súa terminación” tal e como se recolle na denuncia.

Por este motivo Bas presentará unha alegación co obxectivo de demostrar que non cometeu ningunha infracción contra a Lei Electoral cando visitou a coñecida como “fábrica do Alemán” no litoral de Rande e confía en quedar exculpado. No caso contrario tería que facer fronte a unha sanción económica que podería chegar aos 3.000 euros. Para demostrar a súa inocencia o alcalde de Redondela bota man dos feiros e lembra que a visita feita o pasado 8 de novembro aos terreos do futuro Museo de Rande en ningún caso se fixo para “publicitar os logros obtidos durante o mandato” do PP en Redondela xa que alí, e tal e como puntualizaba o voceiro do PP “non hai ningunha obra que inaugurar ou que estea en fase de construcción”.  O edil entende que a denuncia presentada polo PSOE vigués ante a Xunta electoral de zona está baseada “nun absurdo”.    

Alberto Pazos voceiro do PP
Feitos falsos que non sustentan a acusación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará