Hoxe é Venres 10 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior súmase á recollida solidaria de tapóns de plástico a favor de Aitana

RR_Noticias

O Concello apoia a campaña que a Fundación Amigos de Galicia en colaboración coa Fundación Seur, está a levar a cabo para recadar fondos que permitan subvencionar unha operación de 300.000 euros para unha nena de nove anos chamada Aitana quen padece unha cardiopatía conxénita.

A iniciativa consiste en apañar o maior número de tapóns de plástico, que serán postos a disposición dunha empresa de reciclaxe, para poder custear a intervención cirúrxica no Children´s Hospital de Boston, cuxo importe ascende a 300.000 euros.
Para facilitar a colaboración dos veciños, o Concello de Soutomaior instalou unhas caixas de recollida de tapóns de plástico na mesma Casa Consistorial, no Pavillón de A Montesiña e no Multiusos de Arcade. Estas caixas estarán dispoñibles durante un mes.
Tras varias operacións, seis cateterismos e múltiples probas médicas ás que Aitana está sometida desde 2.006, a única solución que lle achegaron os médicos sería un dobre transplante de pulmón e corazón, sendo unha intervención moi complicada sen ningunha garantía de éxito, pero que lles abre unha xanela á esperanza.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará