Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rouban en varios establecementos do mercado municipal

RR_Noticias

Segundo a información achegada pola Policía Local os delincuentes accederon ao interior das instalacións logo de forzar o cadeado da porta principal. Os ladróns fixéronse cuns 800 euros en metálicos e varios xamóns que foron subtraídos dun dos postos da praza.

O xamón é un dos productos máis cotizados no período de Nadal. E iso parece que o saben ben os delincuentes que esta madrugada atracaron o mercado municipal. Os ladróns, que accederon ao interior da praza logo de forzar a porta principal, leváronse un botín de aproximadamente 800 euros en metálico e varios xamóns que subtraeron dun dos postos do mercado.
Foi a vixiante do mercado quen deu a voz de alarma ás sete da mañá de hoxe. Logo de chamar á Policía, axentes da policía local e nacional trasladáronse ao lugar e comprobaron que os asaltantes forzaran o cadeado da porta de acceso, así como as persianas do bar que hai no interior do mercado.
Dous establecementos foron os máis afectados segundo as primeiras valoracións. Así, o propietario dun posto de carne confirmou que lle faltaban entre 500 e 600 euros da caixa rexistradora, mentres que nun posto de venta de xamóns os ladróns leváronse varios produtos e 300 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará