Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ana Mª Alonso: “Atopamos partidas en negativo en todas as Concellerías”

RR_Noticias

A edil de Economía e Facenda asegura que cando o PP chegou ao goberno local no pasado mes de Maio atopouse con varias concellerías que gastaran moi por riba do 50% do orzamento planificado. En Medio Ambiente quedaba tan so o 6% do orzamento anual previsto para gastos correntes mentres que en Cultura só estaba dispoñible o 27% do total adxudicado a este departamento.

A edil de Economía e Facenda, Ana Mª Alonso Lemos asegura que cando o PP accedeu ao goberno local atopouse con varias concellerías que gastaran moi por riba do 50% do orzamento planificado para todo o ano. Unha situación que responde a dous motivos principais, ou ben porque se produciron gastos que non tiñan partida asignada ou ben porque houbo unha mala planificación de gasto por parte dos anteriores responsables políticos. Alonso Lemos apunta que a situación máis grave atopárona en Medio Ambiente, onde quedaba tan so o 6% do orzamento anual previsto para gastos correntes. O motivo de que os fondos destinados a este departamento se atoparan practicamente esgotados debeuse principalmente a que se tivo que facer fronte a diferentes gastos adebedados á empresa concesionaria da recollida do lixo, Urbaser. En Cultura a situación non era tan extrema pero a cantidade dispoñible no mes de xuño para afrontar os gastos que se puideran producir no resto do ano era do 27% do total adxudicado a este departamento para todo o 2011. A concelleira puña como exemplo a partida destinada a subvencionar festas que, a mediados de ano e cando aínda había que afrontar todas as festas do verán “xa arrastraba un déficit de 17.000 euros”.  

Ana Mª Alonso edil de Economía e facenda
Partidas en negativo en todos os departamentos
6% en Medio ambiente
Este departamento é o máis afectado pola falta de cartos para afrontar o gasto corrente
27% en Cultura
A partida destinada a suvbencionar festas arrastraba un déficit a mediados de ano de 17.000 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará