A directiva do centro, que asumiu esta responsabilidade recentemente, convida aos veciños a participar e agradece á parroquia a confianza amosada na súa xestión, xa que nos últimos meses o número de socios incrementouse notablemente chegando na actualidade aos 160.
A directiva do centro anima a todos os veciños a participar das actividades organizadas co gallo da celebración e que arrancarán xa pola tarde cun festival de música e baile tradicional. Actuarán as pandereteiras Ledicia, o grupo folclórico Anaquiños, o grupo de baile galego de Saxamonde, as pandereteiras O Carballo das Cen Polas e o grupo tradicional Tirapuxa. Unha actividade aberta a todos os veciños que arrancará ás 19:00 horas. Xa pola noite haberá unha cea baile amenizada polo grupo Trópico. O prezo para asistir a esta velada é de 25 euros para socios e 30 para o resto, que en todo caso deberán inscribirse previamente no telefono 649 506 300.