Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela propón un Grumir mancomunado que atenda as emerxencias en cinco concellos

RR_Noticias

O goberno local trasladou xa a proposta a organismos supramunicipais como Deputación e Xunta, para que os servizos técnicos confirmen se esta posibilidade sería viable tanto económica como legalmente. O obxectivo é que os axentes do Grupo de Intervención Rápida (Grumir) atendan conxuntamente aos concellos de Mos, Soutomaior, Pazos, Fornelos e Redondela.

O voceiro do PP, Alberto pazos entende que esta é a solución máis factible, logo de comprobar que a posibilidade de crear un servicio de emerxencia exclusivamente municipal non é viable. Así llelo trasladaron ao resto dos grupos políticos que este martes asistiron a unha reunión de urxencia convocada  para estudar conxuntamente que alternativas habería para garantir a existencia dun servicio de emerxencias estable e durante as 24 horas, xa que actualmente funciona só con tres operarios en horario diúrno. O obxectivo é contar cun servicio “útil e que teña una prazos de atención razoables” ante calquera emerxencia que se produza nalgúns dos concellos que participe do Grumir. Entre os concellos que poderían compartir este servicio o concelleiro entende que por proximidade e necesidades deberían ser os de Mos, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos ademais do de Redondela, aínda que non desbota a posibilidade de que se sumen outros municipios que poidan estar interesados e se poidan beneficiar tamén dunha atención mancomunada. Alberto Pazos espera recibir “en cuestión de días” unha resposta por parte do goberno galego que aclare se a iniciativa é viable.  

Alberto Pazos voceiro do PP
A solución para contar cun servizo de atención ás emerxencias pasa por un Grumir mancomunado
Cinco concellos implicados
O oxectivo é que participen os concellos que permitan conar cun servizo áxil e practico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará