Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica que a Xunta esqueza a Redondela nos orzamentos

RR_Noticias

O grupo nacionalista subliña que as partidas orzamentarias do goberno galego para o cuarto concello da provincia “redúcense a pouco mais de 300.000 euros”. Reclaman por terceiro ano consecutivo que se destine un millón de euros para iniciar as obras de recuperación do peirao de Cesantes e que se habiliten fondos para a construcción dunha escola infantil en Chapela.

Dende a agrupación local do BNG anuncian que presentarán unha emenda aos Ornamentos da xunta para que se habilite unha partida dun millón de euros que permita iniciar os estudios e proxectos para a mellora da instalacións do peirao de Cesantes e a recuperación dos areais da praia.
Critican que as partidas que dedica o goberno galego ao noso municipio se reduzan, quintante a contía correspondente ao equipamento do Centro de día, a pouco máis de 300.000 euros.
Unha cantidade que ao entender do Bloque “é unha burla ao conxunto de veciños e veciñas do noso concello pois existen importantes carencias que deben ser afrontadas pola Xunta tanto en materia sanitaria, educativa como de infraestructuras”.
Neste sentido subliñan como necesarias unha achega de 1.000.000€ para a construcción de Escola Infantil en terreos públicos en Chapela e unha partida de 1.000.000€ para a construcción dun Edificio Multiusos na zoa escolar da Marisma.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará