Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paraxe Chapela brinda á súa afección unha importante vitoria

RR_Noticias

O equipo puido levarse os puntos en xogo logo de vencer ao Oar Coruña por 29 goles a 27. Peor lle foron as cousas a SAR que caía ante o Ademar nun encontro disputado na bomboneira e que rematou co resultado de 28-37 a favor dos visitantes.

Importante vitoria para o Paraxe Chapela que se consolida nos postos de cabeza logo de gañar un encontro cargado de emoción e momentos de bo xogo ante o Oar Coruña. Os de Fran Teixeira mantivéronse durante todo o partido por diante no marcador, aínda que sempre por vantaxes mínimas de un ou dous goles ao máximo. E con esa diferencia chegouse ao remate do encontro que concluíu co triunfo dos locais por 29 a 27.
O Paraxe Chapela sitúase logo desta vitoria no terceiro posto da táboa a tan só un punto dos primeiros clasificados. Unha distancia que tentarán recortar na próxima semana. Iso si, non vai ser doado, xa que se despraza á casa do primeiro na categoría, o Zamora.
Peor lle van as cousas ao xogadores da Sar. Esta fin de semana xogaron na bomboneira, pero xogar na casa non foi suficiente para lograr unha vitoria, ante un Ademar que amosou a súa superioridade durante boa parte do partido. Así o acredita o resultado final cun marcador de 28-37 a favor dos visitantes.
A SAR continúa en postos de perigo, terceiros pola cola. Máxima rivalidade na cita do próximo sábado. Xogan fora da casa contra outro equipo moi necesitado de punto, o Cafés Toscaf, penúltimo na clasificación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará