Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE solicita a construcción dunha rotonda na N-550 ao seu paso por Cesantes

RR_Noticias

Reclámanlle ao goberno local que inicie as negociacións con Fomento para estudiar a posibilidade de construír unha rotonda no punto quilométrico 138 da estrada entre Redondela e Pontevedra ao seu paso por Cesantes para facilitar o acceso dos vehículos á N-550.

Os socialistas lembran que nesta zona existe un terreo de 2.500 metros cadrados que actualmente está fora de uso e cheo de maleza na zona coñecida como O Murallón. Entenden que este solar sería axeitado para construír unha rotonda que dea acceso aos vehículos que, procedente dos barrios Outeiro das Penas e Carballiño, queiran incorporarse á estrada nacional. Piden que o terreo se acondicione ademais como zona de descanso.  

Leonardo Cabaleiro PSOE
O edil pide unha rotonda para mellorar o acceso dos condutores á N-550

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará