Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lenda insta ao concello a asinar o convenio que arrastra un atraso de dez meses

RR_Noticias

A precaria situación económica da asociación de atención a persoas con enfermidade mental Lenda estase a agravar nos últimos tempos. Reclaman das administracións “que se tomen en serio a política de saúde mental” e instan ao concello a asinar canto antes o concerto correspondente a este ano e que sofre xa un atraso de dez meses.

Unha entidade que ven sobrevivindo con escasos recursos económicos, botando man das propias achegas dos socios e familiares pero sobre todo, dos diferentes convenios asinados co Sergas e coas administracións local, provincial e autonómica. Precisamente os reiterados atrasos na sinatura deses convenios fan perigar o funcionamento da asociacion. Os traballadores están acostumados a pasar “penurias” pero nos últimos tempos a situación vense agravando xa que a día de hoxe aínda non recibiron as achegas correspondentes ao 2011. Para tentar paliar a situación, un dos monitores e tesoureiro de Lenda, Jaime Figueroa, insta ao goberno local a asinar canto antes o convenio correspondente a este exercicio, tal e como se fixo nos últimos 17 anos. Un concerto económico que o bipartito non asinou argumentando que sería o goberno saínte das eleccións municipais quen adoptase a decisión pero que o goberno popular está a pospoñer por “motivos internos e de funcionamento do propio concello”. 8.000 euros que Lenda precisa para continuar co seu traballo de atención e rehabilitación. Os atrasos que sofren asfixian cada vez máis á Lenda, que vai sorteando a situación adiando os pagos dos salarios e reducindo a compra de material. A solución pasa segundo explican “porque as administracións tomen en serio a política de saúde mental”. Con todo, a asociación e os seus usuarios seguen traballando en iniciativas tales como a súa revista “A voz de Lenda” que este venres presenta o seu número 23 nun acto que terá lugar no Multiusos da Xunqueira ás 20:00 horas e que contará coa participación do psicólogo Fernando Bastos, que falará de ocio e saúde. Tamén actuará o humorista Somoza e o coro Os Mércores Musicais.  

Jaime FIgueroa Lenda
Denuncia os atrasos no convenio co Concello
Consecuencias dos atrasos
Redúcense as compras e os salarios páganse tamén con atrasos
Jose Luis Ezama usuario
A asociación presenta o venres a súa revista

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará