Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os fortes refachos de vento deixan árbores caídas no Alto da Encarnación e Portocabeiro

RR_Noticias

Todas as incidencias producíronse ao redor das nove da mañá e, segundo información da Policía Local, as máis graves debéronse á caída de árbores en diferentes puntos do concello. A estas horas a normalidade está restablecida.

Operarios de Conservación de estradas de Fomento traballaron durante boa parte da mañá  para retirar da calzada unha árbore caída ao redor das 9:15 horas no Alto da Encarnación e que durante as primeiras horas do día provocaba retencións no carril da N-552 en sentido Vigo- Redondela.
Os fortes refachos de vento provocaron ademais a caída de varias pólas na Alameda do centro da vila e en Portocabeiro unha árbore caía sobre o tendido do subministro eléctrico e da liña de telefonía no camiño de Quirincosta, o que provocou que as vivendas da zona sufriran cortes de luz así como problemas nas comunicación telefónicas. O servicio do Grumir desprazouse ata esta parroquia para tentar restablecer a normalizade coa retirada da árbore derrubada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará