Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG esixe á Xunta que manteña o financiamento do Plan Concertado de Servizos Sociais

RR_Noticias

Dende o Bloque reclaman o apoio do pleno do Concello para lle esixir á Xunta que manteña o financiamento do Plan Concertado e o programa de servizos sociais comunitarios “como mínimo coas cantidades consignadas no ano 2009” logo de que durante este exercicio sufrira un recorte de 2’4 millóns de euros.

Reclaman ademais, na moción que presentarán no próximo pleno municipal, que nos orzamentos do 2012 se retablezan e incrementen os fondos destinados aos concellos para apoio ás familias e que se dote economicamente o Plan especial de atención á comunidade xitana e o programa de atención a persoas sen fogar.
Lembra o BNG que o Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais é un instrumento fundamental por medio do cal se cofinancian os servizos sociais municipais e permiten garantir as prestacións básicas e a atención aos veciños e veciñas, cubrindo o curte do persoal dos servizos sociais, os gastos de mantemento dos servizos sociais comunitarios e a prestación do servizo de Axuda no Fogar, entre outros servizos.
Critican que as partidas destinadas a este plan estean sufrir un recorte “drástico e inxustificado”, xusto cando “por efecto da crise económica, maior é a necesidade de recursos e prestacións sociais para atender ás persoas que con máis dureza están a sufrir as súas consecuencias”. Uns recortes que obrigan aos concellos a facer fronte ás necesidades e programas contraídos este ano 2011 con fondos propios, o que vai afectar aos servizos sociais municipais, motivo polo que demandan a súa restitución inmediata.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará