Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contará con servicio de pediatría en horario de tarde

RR_Noticias

Este servicio comezará a funcionar a mediados de novembro no Centro de Saúde de Redondela. O pediatra atenderá aos cativos tres días á semana cubrindo así unha demanda de pais e nais que viñan reclamando esta atención en horario de tarde para poder conciliar mellor os horarios tanto laborais e familiares.

O alcalde Javier Bas confirmou que esta mellora se producirá a mediados do mes de novembro, logo de que así llelo confirmasen responsables da Consellería de Sanidade con quen se reuniu en varias ocasións para estudar a posibilidade de ampliar o servicio.
Unha ampliación de horarios que “supón un grande adianto para moitas familias que deste xeito poden conciliar mellor os horarios tanto laborais como de colexios, para levar os nenos o médico ou para as revisións”.
A atención en horario vespertino supón que unha vella aspiración dos pais e nais redondeláns vaise por fin a materializar o que permitirá aos proxenitores que traballen pola mañá acompañar os seus fillos ó medico nun horario compatible.
O Alcalde amosou a súa satisfacción pola mellora de horarios e anima a que este servicio de tarde se aproveite xa que “non todos os concellos poden ter estas condicións no servicio de pediatría, e nos temos que ser conscientes de que vai ser posible gracias o esforzo de todos os profesionais médicos e os responsables da Consellería.”
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará