Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha de cal e outra de area no balonmán local

RR_Noticias

O Paraxe Chapela sitúase no segundo posto da táboa en Primeira nacional logo de vencer ao Cafés Toscaf por 41-28. A SAR xogaba no Porriño, nun campo que non lle deu oportunidade algunha ante a clara superioridade dos locais que vencía por 33-27.

Non tivo problemas o Paraxe Chapela á hora de afrontar o encontro disputado este sábado na parroquia de Chapela, onde con absoluta autoridade e contundencia resolvía a visita dos asturianos do Cafés Toscaf. A iniciativa foi sempre para os de Fran Teixeira, como o acredita o contundente marcador final, de 41 goles a favor dos redondeláns fronte aos 28 acadados polos visitantes.
Un resultado que sobe aos de Chapela ao segundo posto da táboa, e dálle ademais unha seguridade extra de cara ao partido que na vindeira semana os vai levar ata o campo do Calvo Xiria.
Moito peor lle van as cousas aos xogadores da SAR Plastic Omnium logo de acadar unha nova derrota. Encontro disputado no Porriño no que nada puideron facer os redondeláns para facerse cos puntos en xogo nun partido resolto dende o inicio a favor dos locais. O partido rematou co marcador de 33-27. Un mal resultado que deixa á SAR no antepenúltimo posto da táboa, unha situación que esperan mellorar no próximo partido, xa que a pesar de repetir fora da casa xogarán co último clasificado, o Camariñas.  
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará