Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis defuncións que nacementos deixan en Redondela un saldo vexetativo negativo

RR_Noticias

Na nosa comarca tan só Soutomaior presenta un saldo vexetativo positivo, o cal quere dicir que neste municipio o número de nacementos é superior ao número de defuncións. En Redondela naceron 243 nenos ao longo do pasado ano, pero o número de falecementos foi de 264.

Os últimos datos aportados polo Instituto galego de Estatística respecto do ano 2010 confirman que nese ano naceron en Soutomaior 88 cativos, mentres que foron 44 as persoas que faleceron no mesmo período.
O caso de Redondela é ben diferente, xa que o número de partos foi significativo, con 243 nacementos, o que sitúa ao noso concello á cabeza de toda a área metropolitana, tan só por detrás de Vigo e moi por diante de concellos veciños como o Porriño ou Mos. Con todo, e a pesar desa cifra, o saldo vexetativo foi negativo xa que se produciron 21 falecementos máis.
Tamén saldo negativo en Pazos (-24) e Fornelos (-15), municipio este último no que en todo un ano se produciron tan só 5 nacementos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará