Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local reclama a Fomento a canalización das augas procedentes das obras do AVE

RR_Noticias

Demandan ao Ministerio que asuma o custe da obra como única alternativa para evitar que se repitan as riadas de lodo e pedras que na xornada do domingo inundaron a zona da Fonte do Mouro e a rúa Castelao chegando incluso á N-550.

O concelleiro de vías e obras, Cándido Vilaboa entende que esta actuación é imprescindible para evitar que se repitan episodios como o vivido o pasado domingo, onde as fortes precipitación provocaron unha riada de lodos e pedras procedentes das obras do tren de alta velocidade. Unha inundación que asolagou a zona do Fonte do Mouro e a rúa Castelao así como as inmediacións do apeadeiro de Redondela e que obrigou aos traballadores municipais a empregarse a fondo na súa limpeza. Non se trata dun episodio illado, xa que segundo declarou o edil esta situación vense repetindo dende hai anos, motivo polo que logo de falar cos técnicos das obras decidiron trasladarlle ao Ministerio de fomento unha solicitude na que se lle reclaman a construcción dunha canalización que serviría para recoller as augas procedente das obras dende a zona do Carrascal ata a zona da Picota. Entenden que a solución pasa necesariamente por esta actuación e que é o Ministerio quen debe asumir o seu custe “senón na totalidade si na súa maior parte”. Agora esperan recibir canto antes unha resposta satisfactoria ás súas peticións.  

Cándido Vilaboa edil de Vías e obras
A riada do domingo anegou a zona do Fonte do Mouro entre outras
Canalizar as augas
A solución pasa por canalizar as augas procedentes das obras do AVE

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará