Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A campaña Merca na rúa sortea en Soutomaior vales por valor de 3.000 euros

RR_Noticias

A iniciativa, posta en marcha a través da oficina provincial de comercio de Pontevedra, pretende promover o comercio de proximidade e fomentar a colaboración entre asociacións de comerciantes locais e administración públicas.

A carpa estará instalada durante 15 días na Alameda e Talo Río en Arcade ata o sábado 29 de outubro, data na que terá lugar o sorteo de carácter presencia, noutra instalación máis grande no mesmo lugar con actividades de recreo programadas para os cativos.
Poden participar no sorteo todos os clientes do comercio local que realicen as súas compras en establecementos de Arcade e Soutomaior. Xunto co ticket de compra recibirán un boleto que deberá depositar na urna instalada na carpa para optar aos premios en metálico. Cada compra dará dereito a un boleto de participación. Outorgarase ao consumidor un boleto de participación a maiores pro cada 10 euros de compra.
A carpa estará aberta ao público en horario comercial de 10:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:30h de luns a venres, o sábado 22 estará dispoñible de 10:00h a 14:00h. O sábado 29 de outubro celebrarase a festa de peche e entrega de premios realizándose o sorteo ás 18:30h da tarde.
O deputado redondelán Alberto Pazos, acompañado polo alcalde Agustín Reguera e membros da Xunta Directiva da asociación de empresarios de Arcade e Soutomaior presentaron onte esta actuación en Arcade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará