Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello suspende o baldeo de rúas ante a escaseza de auga

RR_Noticias

A Concellería de Medio Ambiente decretou tamén restriccións no rego de parques e xardíns para evitar o desabastecemento que polo de agora non afecta aos domicilios particulares. Con todo, alertan da necesidade de adoptar medidas de aforro para evitar cortes no subministro de cara ao futuro. Algunhas Comunidades de Auga están xa a restrinxir o consumo.

Dende o departamento de Medio Ambiente fan un chamamento aos veciños do concello para que poñan en práctica medidas de aforro ante a situación de ausencia de precipitacións que nos leva acompañando nas últimas semanas e que está a provocar que o encoro de Eiras presente niveis preocupantes, cando se atopa por baixo do 45% da súa capacidade. Polo de agora, as medidas adoptadas dende a administración local céntranse na reducción ao mínimo do rego en parques e xardíns e na suspensión temporal do baldeo das rúas á espera de que cheguen as choivas. O concelleiro Miguel Angel Álvarez asegura que polo de agora dende a empresa concesionaria do servicio, Aqualia, non prevén adoptar ningún tipo de medida que supoña unha restricción de auga nos domicilios particulares pero si alertan de que a situación comeza a ser crítica polo que fan un chamamento aos veciños para que adopten medidas de aforro nos fogares. De feito, a crítica situación si levou xa a algunhas comunidades de augas a restrinxir o consumo en determinadas parroquias ante a situación crítica dos mananciais.  

Miguel Angel Alvarez edil de Medio Ambiente
O concello xa adoptou medidas de cara a aforrar auga
Consellos de aforro
Medidas sinxelas para colaborar co medio ambiente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará