Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco faise forte en Santa Mariña

RR_Noticias

A última vítima foi o Nigrán, que saíu goleado do campo redondelán por 6-1. Antes xa sufriran a ofensiva do Choco outros equipos como o Gran Peña ou o Alerta Traviesas. O adestrador, Jacobo Montes, amósase moi satisfeito cos resultados do equipo, que está a adaptarse “mellor e máis rápido” do que o técnico agardaba. O domingo volven xogar en Santa Mariña, diante do Ourense B, pero Montes asegura que sería “un erro moi grave” confiarse.

O club redondelán comezou a liga marcando como obxectivo a permanencia. Logo dos bos resultados do equipo cando disputaron oito xornadas, semella que esa meta quedou curta. Con todo, o técnico Jacobo Montes, segue a ser moi prudente, “cos pés na terra” segue a fixarse o mesmo obxectivo. Recoñece que a situación na táboa, como terceiro clasificado e a tan só dous puntos do líder, é “moito mellor” do que podía imaxinar cando comezou a liga, cun equipo con moitos cambios no cadro de xogadores e o do propio adestrador. A adaptación do equipo está a ser “máis rápida” do que agardaba Montes, e os resultados están a ser moi positivos. Pero a liga é moi longa, o técnico advirte que haberá que agardar “ata decembro ou xaneiro” para coñecer as posibilidades reais do equipo. Polo de agora o obxectivo é o próximo rival, o Ourense B. E aínda que sobre o papel o Choco é o claro favorito, Montes non se fía. Para o adestrador sería “un erro moi grave” dar o encontro por gañado, e pon o exemplo do Nigrán, que sendo pechacancelas gañou na casa do líder, o Arousa. Por iso insiste en que é preciso centrarse no encontro e saír ó campo coa máxima intensidade para sacar un resultado positivo.  

Jacobo Montes adestrador
O técnico é prudente e mantén o obxectivo na permanencia.
Choco-Ourense B
O técnico non se fía da baixa posición do Ourense B na táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará