Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR e Chapela caen nas súas citas contra o Lalín e o Porriño

RR_Noticias

Mala fin de semana para o balonmán redondelán, con derrotas para SAR e Chapela.
Os primeiros xogaban na casa pero non puideron brindarlle unha vitoria aos seus seguidores logo de caer por 27 a 38. O Chapela, que xogou no Porriño, tampouco puido rabuñar ningún punto e perdía por 34 goles a 30.

O Paraxe Chapela non foi quen de vencer na súa visita ao campo de o Porriño, quen coa afeccións do seu lado acadou a vitoria nun encontro que rematou co resultado de 34 goles a 30.
Tampouco a SAR tivo o seu mellor día. Os xogadores do Plastic Omnium xogaban na bomboneira, pero ter o campo a favor non foi suficiente para garantirlles a vitoria ante o Lalín que amosaba a súa superioridade nun partido que finalizou con 27 goles par os redondeláns fronte aos 38 logrados polo equipo Embutidos lalinenses.
Na vindeira semana o pavillón de Chapela acolle o primeiro derbi da tempada co encontro que enfrontará ao Paraxe Construcciones co Plastic OMnium SAR.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará