Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos dous veciños de Redondela por conducir en estado ebrio

RR_Noticias

Na xornada de onte axentes da Policía local tiveron que intervir en dúas ocasións logo de detectar a dous vehículos que circulaban de xeito sospeitoso polo centro da vila. A detención saldouse coa detencións de dous condutores que superaban amplamente a taxa de alcol permitida ao volante.

Alcol e condución volven ser os protagonistas da crónica de sucesos das últimas horas en Redondela. Na xornada de onte eran dúas as persoas detidas en relación co exceso de alcol ao volantes. Homes e veciños da vila pero con idades ben diferentes.
O primeiro dos feitos tivo lugar ás dúas da madrugada de onte na rúa Ernestina Otero. Unha patrulla detiña a un condutor de 34 anos de idade que circulaba bebido por esta céntrica rúa da vila. Ao home efectuóuselle a proba de alcoholemia dando un resultado de 0’65, case o dobre do máximo permitido ao volante. Unha vez arrestado foi trasladado á Comisaría de Policía en Vigo.
Tamén á comisaría de Vigo foi trasladado outro veciño logo de se detido as 22:10 da noite logo de comprobar os axentes da policía que estaba a conducir a velocidade inadecuada e sen respectar a sinalización pola rúa do Salgueiral. Logo de deter ao vehículo fixéronlle a proba ao seu condutor dando como resultado unha taxa por riba do 0’80. Este veciño de Redondela de 54 anos de idade foi detido e presentado na policía de Vigo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará