Hoxe é Mércores 17 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco gaña en Ribadumia nunha xornada con bos resultados en todas as categorías do fútbol

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes venceron por 1-2 no campo de A Senra nunha xornada na que predominaron os bos resultados dos equipos comarcais nas diferentes categorías. Na Primeira Autonómica o Chapela gañou en Marín e na Segunda o Arcade empatou co Bahía. Na Terceira Autonómica vitorias e empates para os equipos da bisbarra.

Preferente Autonómica

Ribadumia 1-2 Choco
Foi o primeiro partido no que o Ribadumia deixou escapar os tres puntos do campo de A Senra, e é que os locais non puideron co bo xogo dos de Jacobo Montes. Con Aitor Gómez como protagonista, o Choco dominou o partido. O xogador anotou o primeiro gol do encontro no minuto 22 cunha vaselina coa que bateu a Moncho,o porteiro local. Pero o Ribadumia tamén se achegaba á meta de Cortegoso con perigo, e no minuto 37 Dani conseguiu a igualada. Xa na segunda parte os locais foron con máis decisión a buscar a vitoria, e tiveron varias oportunidades, aínda que se acerto. O Choco aproveitou mellor as súas ocasións, e Aitor Gómez anotou o 1-2 no minuto 51 grazas a un rápido contragolpe. Esta vitoria leva ós redondeláns ata a 5ª praza da clasificación. Na próxima xornada reciben en Santa Mariña ó Nigrán, da parte baixa da táboa.
Primeira Autonómica
Sp. Marín 1-3 Chapela
O Chapela volveu constatar a tendencia desta temporada, e é o feito de que suma máis puntos lonxe da casa que no seu campo. Volveu pasar en Marín, onde se impuxeron con claridade ós locais por 1-3. Os tres puntos levan ó Chapela á 9ª praza do grupo. O domingo recibirán na casa ó Grove, un dos equipos fortes deste campionato, actualmente 2º clasificado.
Segunda Autonómica
Arcade 2-2 Bahía
Reparto de puntos no campo do Arcade, un resultado que os deixa na metade da táboa. O domingo xogarán no campo de A Lama, un dos equipos da parte baixa da clasificación.
Terceira Autonómica
Chapela 0-0 Sampaio
Os de Chapela mantivéronse firmes e aguantaron o tirón dun dos equipos máis fortes do grupo nun encontro que rematou sen goles. Con todo o empate non é suficiente para saír da parte baixa da táboa. O domingo xogarán no campo do Balaídos.
Choco 1-1 Alcabre
Reparto de puntos no partido do Choco, nun encontro que puido resultar mellor para os redondeláns, xa que ían gañando e foi un gol en propia porta o que lle deu o empate ós vigueses. O Choco segue na metade da táboa. O domingo xogan no campo do Sampaio, segundo do grupo.
At. Vilar 2-1 Oiense
O Vilar escala ata a parte alta da táboa logo da vitoria diante do Oiense. O domingo xogan no campo do San Salvador, da metade da clasificación.
Nespereira 3-1 Crecentense
Partido moi animado o do Nespereira, entre dous dos equipos que loitan polo ascenso. E aínda que o Crecentense se adiantou de penalti, os locais remontaron na primeira metade e sentenciaron o encontro na segunda. Están agora na metade da táboa, e a próxima xornada xogarán no campo do Ponteareas.
Salcedo 1-1 Cesantes
O Cesantes comezou a liga no grupo-16 cun empate no campo do Salcedo, e a próxima fin de semana descansa.
Soutomaior 3-1 Praderrei
O Soutomaior comezou con forza a liga nun partido no que anotaron Santi, Víctor e Naya, mentres que Alberto foi o autor do único gol dos visitantes. A vitoria déixaos na parte alta da táboa, e o domingo xogarán no campo do Santomé.
Futbol Sala Autonómica Sur
Redondela F.S. 2-6 Redovigo-Mos
Os de Manoliño non puideron co equipo de Mos, que se amosou moi superior na pista redondelá. O equipo sitúase na metade da táboa, e o sábado xogarán na pista do Abetos, 5º clasificado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará