Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protesta de brazos caídos no IES de Chapela

RR_Noticias

Os profesores deste centro educativo de Redondela organizan esta protesta mañá martes ás 10:10 diante do instituto coincidindo co recreo. Na mobilización, na que participarán profesorado e alumnado procederase á lectura dun manifesto e a colocación dunha pancarta reivindicativa.

O paro de media hora, que se realizará coincidindo co recreo, pretende ser unha chamada de atención sobre a reestruturación da oferta educativa sufrida no centro debido a diminución de profesores para este curso lectivo. A asemblea do profesorado do IES Chapela súmase deste xeito as mobilizacións que se levan a cabo en todos os centros de ensino público de Galicia na xornada de mañá.
Ademais desta acción, a asemblea do profesorado do IES Chapela participará na concentración convocada unitariamente polos sindicatos para o próximo día 18 de outubro en Vigo diante do MARCO e manterá reunións coas familias coa fin de dar a coñecer a situación actual que se vive no instituto, que se concreta en cuestións tales como a redución de materias optativas, por exemplo de Electrotecnia, que se lle ofertaban ao alumnado do bacharelato, a redución de apoios, reforzos e desdobres cos que se favorecían as posibilidades de éxito escolar do alumnado en ámbitos básicos como as linguas e as matemáticas ou a desaparición dos talleres de conversa en lingua inglesa e de horas de laboratorios de Física e Química.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará