Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

21 meses de cárcere para unha veciña de Redondela por usar dúas tarxetas roubadas

RR_Noticias

A acusada M.A.Y.B aceptou onte a súa culpabilidade e chegou a un acordo co fiscal minutos antes de que fora a celebrarse o xuízo no xulgado do penal número 3 de Vigo e aceptou 21 meses de prisión por un delito de estafa continuada por roubar dúas tarxetas de crédito a unha usuaria da piscina.

Os feitos producíronse en outubro do 2008 cando a acusada tería subtraído dúas tarxetas de crédito dos vestiarios femininos a unha usuaria da piscina municipal así como o seu carné de identidade. Ao día seguinte empregou esta documentación para facer diferentes fastos nun supermercado e en varias tendas así como retirar 600 euros en efectivo dun banco. A policía logrou deter a esta muller cando estaba a piques de retirar 2.500 euros doutras entidade bancaria.
A sentencia por conformidade imponlle  21 meses de cárcere, que non terá que cumprir se carece de antecedentes xudiciais, así como a aboar unha indemnizacións á vítima.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará