Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Cubillón demandan un paso máis seguro e accesible para cruzar a vía do tren

RR_Noticias

Os veciños do barrio do Cubillón queren unha solución para seguir comunicados co resto da parroquia dun xeito “seguro e accesible” para todos os peóns. A decisión de Adif de valar a contorna das vías do tren obriga ós residentes a utilizar un paso elevado en malas condicións e pouco accesible. Que se mellore o actual paso elevado e se dote de ramplas é a solución demandada pola maioría dos veciños, aínda que outros prefiren a construción dun paso subterráneo.

O cambio de vía dos trens para a estación de Guixar está a dificultar a mobilidade ós veciños do barrio de Cubillón, en Chapela. Non só porque a vía antiga está a ser desmantelada, senón porque a de mercadorías que agora se utiliza tamén para o transporte de pasaxeiros, non conta cos pasos axeitados para os peóns. Esto supón un problema para os residentes da zona de Cubillón, entre Angorén e Laredo, que demandan unha rápida solución. Ata o de agora, ante o escaso tránsito de trens de mercadorías, moitos veciños cruzaban polas vías. Pero agora ducias de trens de pasaxeiros fan este percorrido, e Adif valou a contorna por motivos de seguridade. Os veciños entenden a situación, pero demandan unha solución ó seu problema, xa que só dispoñen dun antigo paso elevado, que está en moi malas condicións, e dous túneles tamén perigosos polos que circulan os coches e teñen pouca visibilidade. Que se rehabilite o actual paso elevado instalando ramplas metálicas é a solución demandada pola maioría dos veciños, aínda que outros prefiren a construción dun novo paso subterráneo. É o caso de Begoña e Paco, unha parella do barrio que entende que un túnel sería “máis accesible para todos os veciños”. Para os túneles de Cardona e Cubillón, por onde atravesan moitos veciños desta zona dando un longo rodeo, tamén reclaman melloras. Son os únicos lugares polos que poden entrar e saír coches, pero son vías “estreitas e con pouca visibilidade”, o que supón un risco para os peóns. Para outros veciños, sen embargo, sería mellor arranxar o paso elevado coa instalación de ramplas, que sería “máis sinxelo e económico”, segundo explicaba Antonio, outro veciño da zona. María comparte esta opción, e explica que o considera mellor que o paso subterráneo. Esta veciña entende que sería “problemático” pasar por el de noite. No último pleno o Concello acordou solicitar a Adif que os seus servizos técnicos presenten as posibles alternativas para manter comunicados ós veciños do barrio. Logo levaranse as propostas ó Consello Parroquial de Chapela, para que os colectivos alí representados valoren as posibles solucións.  

Paco e Begoña veciños
Estes veciños entenden que facer un paso soterrado sería máis ventaxoso.
Antonio
Decántase por arranxar o paso elevado que sería máis sinxelo e económico.
María
Esta veciña prefire o arranxo do paso elevado xa que o soterrado non lle ofrece garantías.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará