Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O ensino a debate na Casa da Torre

RR_Noticias

As problemáticas no ensino público e o perigo da súa privatización serán os temas que esta tarde abordará  o diplomado en maxisterio e licenciado en económicas Xabier Pérez Davila quen cualifica os movementos producidos nos últimos tempo nese sentido de “revolución conservadora”. A charla, organizada polo colectivo Alén Nós, terá lugar na Casa da Torre ás 20:30 horas.

Unha conferencia na que Pérez Davila centrará o seu discurso na necesidade de conservar un ensino público de calidade que a día de hoxe da cobertura na comunidade galega ao 70% do alumnado non universitarios. Con todo, alerta de que se está a desenvolver unha política conservadora encamiñadas a substituír o ensino público polo privado. Toma como exemplo o que está a acontecer en Madrid que é, segundo Xabier Pérez, o camiño que pretenden seguir dende a Xunta de Galicia, un camiño que cualifica de “revolución conservadora”.  

Xabier Pérez Dávila. poñente
O relator falará da difícil situación do ensino público
Revolución conservadora
Un camiño cara a privatización

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará