Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornadas sobre o cultivo de mazás no Val do Maceiras

RR_Noticias

O concello de Redondela organiza unha xornadas técnico divulgativas dirixidas a aquelas persoas con interese en coñecer as posibilidades que esta froita ofrece para poñer en marcha iniciativas de emprendemento. Os interesados en participar poden poñerse en contacto coa organización enviando un correo a aedl@redondela.es ou chamando ao 986402664.

Baixo o título “A mazá: valorizando o autóctono” dende a Concellería de desenvolvemento local de Redondela teñen programado a realización dun ciclo de charlas que está previsto desenvolver en próximas datas no Val do Maceiras.
A idea última é pór en marcha un proxecto de dinamización territorial que teña a mazá como elemento central, motivo polo que esta actividade está dirixida a aquelas persoas con interese en coñecer as posibilidades que esta froita ofrece para pór en marcha iniciativas de emprendemento. Nestas xornadas tratarase de perfilar un marco global atendendo a cuestións como a revitalización do medio rural, a creación de emprego de calidade e o rexuvenecemento de activos no sector primario, novas tendencias no consumo cunha maior valorización da produción ecolóxica e do local. Presentarase tamén o contexto actual da produción de mazá en Galicia, e a situación das variedades autóctonas.
O motivo de elixir o Val de Maceiras para o desenvolvemento das charlas responde á relevancia que este cultivo ten na zona, onde se lle dedica anualmente unha festa gastronómica que ven de celebrarse na fin de semana en Negros e polo feito tamén de que entre os veciños se mantén unha forte identificación con esta froita.
Os interesados en participar nestas xornadas, poden pórse en contacto co servizo no enderezo aedl@redondela.es ou chamar ao 986402664.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará