Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os traballadores de Urbaser retoman a folga na recollida en Soutomaior, Ponte Caldelas e Vilaboa

RR_Noticias

Os traballadores da empresa Urbaser que realizan a recollida de lixo e limpeza nestes tres concellos retoman a partir do vindeiro luns día 10 de outubro a folga de carácter indefinido. Unha mobilización que deixaran en suspenso logo de que a empresa accedese a participar na mesa de negociación, na que finalmente non se chegou a ningún acordo.

Os traballadores, que mantiveran un paro durante 25 días que arrancara a mediados de agosto, decidiran levantar a folga como mostra de boa vontade que facilitase chegar a acordos cos representantes da patronal. Porén, e segundo denuncia o representante da UXT, Ramón Vidal, a empresa decidiu abandonar as negociacións deixando patente a súa negativa a satisfacer as peticións dos traballadores. As demandas principais destes operarios pasan por acadar subas salariais que eliminen as diferencias substancias que manteñen respecto doutros compañeiros que traballan en postos semellantes e para a mesma empresa en concellos veciños, como sería o caso de Redondela, con diferencias salariais de ata 400 euros. Lembran que actualmente se atopan nunha “situación anómala logo de 4 anos sen ningún tipo de incremento nas súas retribucións”. Ante a falta de acordos o paro retomarase o vindeiro luns. Os representantes dos traballadores amosan a súa disposición a seguir negociando ata o último momento para evitar o conflito, pero tamén son conscientes de que chegar a un acordo in extremis vai ser difícil “dada a pouca receptividade por parte da empresa”. Na xornada de hoxe reuníronse co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera. Unha xuntanza da que saían satisfeitos ante o interese amosado polo rexedor para tentar mediar no conflito.  

Ramón Vidal UXT
Peticións dos traballadores
Folga indefinida
O paro arrancará o vindeiro día 10
Reunión con Agustín Reguera
Unha xuntanza celebrada na mañá de hoxe

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará