Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha comisión con todos os grupos políticos fará as bases para as contratacións municipais

RR_Noticias

O acordo, proposto por AER, foi adoptado no último pleno por unanimidade. Todos os grupos manifestaron o seu compromiso de que as contratacións sexan “totalmente transparentes”, logo de que tanto AER como o BNG denunciasen prácticas “sospeitosas” por parte do goberno local.

Acadar maior “transparencia e participación” nas contratacións do Concello de Redondela, ese era o obxectivo de AER coa moción presentada no último pleno e que foi aprobada por unanimidade. Segundo ese acordo a elaboración das bases de contratación do persoal do Concello será competencia dunha comisión informativa específica da que formarán parte todos os grupos da corporación. O concelleiro de AER, Jorge Varela, propoñía tamén aprobar no pleno as regras para o inicio do proceso de contratación e o baremo dos méritos, pero a proposta foi retirada para que sexa a comisión específica a que determine esas bases. A comisión estará formada polo alcalde, un representante de cada grupo da corporación, a secretaria municipal e o interventor. Deste xeito mantense a minoría do grupo do goberno xa que sumará dous votos, por tres da oposición. Desde AER amosaron a súa satisfacción por ter chegado a este acordo, xa que antes esta competencia era exclusivamente do grupo de goberno. Tanto a Agrupación de Electores como o BNG denunciaran métodos “sospeitosos” na contratación do técnico para o programa Clara, tanto pola titulación solicitada como polo breve prazo de tempo establecido para presentar solicitudes.  

Alberto Pazos PP
O voceiro popular manifesta o interese do goberno por actual coa máxima transparencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará