Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela golea ao Cangas e a SAR cae ante o Cisne

RR_Noticias

Unha de cal e outra de area para o balonmán redondelán en primeira nacional masculina. Mentres o Chapela lograba unha vitoria ante a súa afección a SAR non foi quen de sumar ningún punto no encontro disputado ante o Cisne.

O Paraxe Chapela sitúase segundo na táboa logo de vencer por 29 goles a 25 ao equipo Explotaciones Mineras do Morrazo. Unha vitoria que lles costou aos de Redondela máis do esperado ante un recen ascendido. Con todo os xogadores do Paraxe que na primeira parte do partido amosaron un xogo menos contundente, si experimentaron unha notable melloría logo do descanso sobre todo en defensa, o que foi decisivo de cara a lograr o triunfo. Logo da vitoria ante o Cangas, o Chapela prepárase para o encontro da vindeira fin de semana que non os vai levar moi lonxe, xa que xogarán no Porriño
Pola súa banda a SAR non tivo demasiadas opcións de sorprender ao Cisne. Só nos primeiros quince minutos os de Redondela aguantaron o marcador, pero non puideron coa reacción do Cisne que lograba unha vitoria final por 38 goles a 28.
Os homes do Plastic Omniun, situados na décima posición recibirán na bomboneira o vindeiro sábado ao Lalín.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará