Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fin de semana de compras e festa

RR_Noticias

  O sábado e domingo a Alameda de Redondela acolle a I Feira de Oportunidades, con máis de trinta establecementos asociados e ofertas en todo tipo de produtos. Na pista da Xunqueira, os hostaleiros celebran a Festa Fin de Verán, con xogos populares, Danza das Espadas, picadiscos e moitas sorpresas.  

  “Contra a crise novas iniciativas”. Esta é a proposta que fan os Hostaleiros e Empresarios de Redondela que esta fin de semana inauguran dúas actividades que pretenden “se prolonguen no tempo e se consoliden como unha cita obrigada no Concello”. O obxectivo é superar os efectos da crise económica, darlle un pulo ao sector e poder crear emprego. Así o afirmaba na presentación da I Festa Fin de Verán e da Feira de Oportunidades o Presidente da Asociación de Empresarios de Redondela, José Antonio Gómez, e Lino López, hostaleiro da vila. O sábado, ás 10.00 da mañá, comezará a I Feira de Oportunidades, na que participan trinta establecementos de Redondela, ofrecendo todo tipo de artigos, desde moda, pasando por decoración, fogar, agasallos, fotografía, roupa infantil, calzado, entre outros. A feira contará con actividades lúdicas para os cativos. Os postos estarán abertos o sábado desde as 10.00 da mañá até as 22.00 horas e o domingo de 11.00 a 20.00 horas. A poucos metros de distancia celebrarase a Festa Fin de Verán, que conta co apoio de máis de 140 establecementos hostaleiros de Redondela. Ás cinco da tarde darase o “chupinazo” de arranque desde o Concello e unha hora despois comezarán as actividades e a música na pista da Xunqueira. Haberá unha representación da Danza das Espadas, carreira de sacos e carretillas así como cócteles gratis para todos aqueles que vaian vestidos de branco. Todo isto amenizado por coñecidos das cabinas redondelás, Dj´s que nos últimos anos pasaron pola noite local e que o volverán facer nunha sesión de picadiscos que arrancará ás seis da tarde e rematará á unha da madrugada.      

Presidente Asoc. Empresarios José Antonio Jómez
O presidente dos Empresarios afirma que con esta iniciativa preténdese mellorar a situación do sector e facilitarlle as compras aos veciños.
Lino López hostaleiro de Redondela
Lino López explica como xurdiu a iniciaiva da Festa Fin de Verán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará