Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Negros celebra a XVI Festa da Mazán

RR_Noticias

Cos 3.500 quilos de froita recollida entre os veciños da parroquia, a organización elaborará 2.500 litros de sidra e centos de pratos e sobremesas. Agardan que máis de 2.000 persoas acudan a Negros para participar na festa, que este ano comeza xa o sábado cun serán popular. O domingo desde as 11.30 estarán abertas as casetas de degustación, e  haberá música e baile. O alcalde de Redondela, Javier Bas, será o pregoeiro desta edición.

Un ano máis ducias de veciños de San Estevo de Negros traballan durante semanas para ter todo a punto para a festa. Logo de dezaseis anos, o evento está consolidado como unha das festas gastronómicas máis importantes da comarca. Emilio Antón, presidente da comisión de festas, agarda que máis de 2.000 persoas se acheguen á parroquia para participar. Ademais nesta edición a celebración ampliouse ó sábado, 1 de outubro, xa que a partir das 22:00 horas dará comezo un serán popular no que todos os participantes poderán degustar sidra doce, asturiana, augardente de mazá e chourizos á sidra. E o día grande será o domingo. A partires das 11.30 horas abriranse as casetas para a degustación de varios produtos elaborados con receitas artesás como bacallau con mazán, chourizo á sidra, costela con mazá, empanadas, sidra, augardentes e sobremesas variadas. O pregón deste ano correrá a cargo do alcalde de Redondela, Javier Bas, e durante a xornada terá lugar a actuación das Pandeireteiras Círculo Cultural de Chapela, as Pandeireterias de Trasmañó e o Grupo de Gaitas do Viso. A partir das 18:00 horas terá lugar a actuación do grupo O Tres Latinos e do picadiscos Alberto. Desde a organización agardan que sexa todo un éxito, e salientan que o fundamental desta festa é “a colaboración entre os veciños”, que achegan as mazáns e participan en todos os preparativos.  

Emilio Antón presidente da comisión de festas
Os visitantes poderán degustar gran variedade de pratos elaborados con mazáns.
Colaboración dos veciños
Antón salienta a importancia da participación dos veciños nesta festa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará