Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

EU demanda ó goberno local un plan de mobilidade e outro de emprego

RR_Noticias

O grupo comarcal de EU dálle un suspenso ó goberno local de Redondela nos seus primeiros cen días de mandato. A formación cuestiona a escusa da austeridade “para xustificar recortes de servizos á cidadanía”. Demandan do goberno un plan de mobilidade e outro de emprego, e piden solucións para que se implante o servizo de emerxencias 24 horas todos os días do ano.

A agrupación comarcal de EU vén de facer balance dos primeiros cen días de goberno popular en Redondela. Nun comunicado afirman que “co único que están de acordo e no recorte de salarios da corporación municipal”. Con todo afirman que se trata dunha medida “máis populista que eficaz”, xa que se aumentan o numero de plenos e xuntas de goberno, e os cartos aforrados “non se dedican a políticas sociais” . Desde EU critican a política de austeridade “para xustificar recortes que desfán proxectos e servizos que necesita a cidadanía”, recortes en materia de educación e benestar. Denuncian tamén que “a imprecisión” no caso das débedas serve o PP para “recortar dereitos” e limitar o tecido asociativo “crítico e alternativo”. Desde EU insisten na demanda dunha solución para o servizo de emerxencias as 24 horas os 365 días. Un plan de mobilidade “que desbote proxectos obsoletos” como a ampliación da AP-9 ou a construción da -59. Demandan tamén do goberno local un plan de emprego “para os 3.000 redondeláns no están no paro”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará