Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento licita o proxecto da nova estación de tren en Chapela por un importe de 150.250 euros

RR_Noticias

O Ministerio de Fomento licitou o contrato de servizos para a redacción do proxecto de construción dunha estación de viaxeiros en Chapela, no municipio pontevedrés de Redondela, por importe de 150.250 euros. Así o recolle o Boletín Oficial do Estado (BOE) do sábado nunha orde que outorga tres meses para ter lista a redacción dos traballos.

As instalacións de Chapela estiveron en funcionamento ata o pasado 28 de agosto cando, como consecuencia da integración ferroviaria de Vigo para a chegada da alta velocidade, trasladáronse os servizos ferroviarios á nova estación de Vigo-Guixar. Esta substitúe provisionalmente á de Vigo-Urzáiz, cuxas obra de adaptación ó AVE comezan estes días, segundo recordou o departamento que dirixe José Blanco. Por mor desta execución, o ramal de Redondela a Urzáiz, no que se situaba o apeadeiro de Chapela, perdeu o seu uso ferroviario. No entanto, co obxectivo de continuar “dando servizo aos veciños” desta localidade, Fomento pon en marcha con esta licitación a construción dunha nova estación. Situarase na liña Redondela-Chapela, e estará próxima á que xa existe na actualidade. O proxecto incluirá unha análise de alternativas á localización da terminal, estudos xeolóxicos, movementos de terras e estruturas. Ademais, integrará a arquitectura do edificio do apeadeiro e as plataformas, a superestructura de vía ou a análise dos desvíos de servizos necesarios para a súa implantación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará