Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O departamento de Intervención do Concello alerta do “deterioro” das contas municipais

RR_Noticias

O alcalde, Javier Bas, anuncia que traballan nun orzamento “axustado” para o ano 2012 que evite “incertezas” á hora de afrontar os pagos do Concello. Desde o goberno local buscan alternativas para recortar os gastos “sen reducir as prestacións ós cidadáns”. Entre as fórmulas que estudan está a de mancomunar servizos cos municipios veciños de Soutomaior, Pazos de Borbén e Mos.

A crise económica afoga ás administracións locais, que ven recortados os seus ingresos. En Galica algúns municipios están ó bordo da quebra, e non teñen recursos para afrontar os pagos. Non é o caso de Redondela, pero o certo é que a situación económica do Concello está “deteriorada”. Así o advirte un informe recente do interventor municipal, que “alerta” desta situación. O alcalde, Javier Bas, afirma que o seu compromiso é o de traballar para que a situación “non empeore”, por iso o goberno local está a elabora un orzamento para o próximo ano 2012 que evite desaxustes, para que non se xeren “incertezas” á hora de afrontar os gastos que ten que asumir o Concello. Desde o goberno local buscan alternativas para recortar os gastos “sen reducir as prestacións ós cidadáns”. Entre as fórmulas que estudan está a de mancomunar servizos cos municipios veciños de Soutomaior, Pazos de Borbén e Mos. Esta é a primeira vez que os gobernos locais desta área estudan esta opción. Bas explicou que todos os rexedores se amosaron favorables a esta alternativa promovida desde Redondela, pero deben agardar a que a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia informe de cales serían os servizos que poderían xestionar de forma conxunta sen crear duplicidades.  

Javier Bas alcalde
O goberno fará un orzamento que evite inertezas nos futuros pagos.
Servizos mancomunados
Os Concellos da zona estudan a opción de ofrecer servizos de xeito conxunto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará