Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela viste de moda á Garda Civil

RR_Noticias

A empresa Partenón vestirá cunha imaxe máis moderna e cómoda ós axentes da Garda Civil, que deixan a camisa e a gravata para os actos oficiais. No seu traballo diario lucirán unha indumentaria máis funcional confeccionada en Redondela, e que consta de gorra e polo, que os asemella máis ós uniformes policiais. Son uns 60.000 equipos os que sairán da factoría de Pai Crespo.

A Garda Civil presentou en Galicia o novo equipamento que os axentes vestirán na súa xornada laboral. A guerreira, a camisa e a gravata mantéñense como traxes para lucir en actos oficiais e en servizos de representación, así como o tricornio, que se mantén como un dos símbolos do instituto armado. Pero para o traballo diario empregarán unha roupa moito máis cómoda e funcional, adaptada aos tempos e ás necesidades actuais dos axentes. Levarán unha gorra máis cómoda, uns polos de manga curta ou manga longa, unha cazadora especialmente elaborada para soportar baixas temperaturas e uns zapatos máis ergonómicos. Terán así unha imaxe máis semellante á da policía. As pezas estarán dispoñibles, nunha primeira fase, para os axentes de 23 provincias, entre elas Pontevedra e A Coruña. O uniforme irase implantando progresivamente no resto de España en seguintes fases, de forma que se espera que este ano xa todos os gardas civís dispoñan das novas pezas. Todos, menos os axentes da Agrupación de Tráfico e do Seprona ou de explosivos, que xa teñen a súa propia indumentaria. En total, o Ministerio do Interior dispuxo para o cambio dos traxes de traballo da Garda Civil un investimento duns 22 millóns de euros para a elaboración de ao redor de sesenta mil uniformes, que foron confeccionados na súa totalidade na empresa redondelá Partenón, especializada en roupa policiais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará