Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cultura viva en Saxamonde

RR_Noticias

O Centro Cultural e Social “Chan das Pipas” de Saxamonde ofrece un amplo abano de actividades para todas as idades. Música e baile, idiomas ou aeróbic son algunhas delas. Unha programación que responde ás propias demandas dos veciños e que serve para dinamizar a vida social da parroquia e favorecer a convivencia entre persoas de distintas xeracións.

Este curso que comeza, o Centro Cultural Chan da Pipas pretende reforzar a oferta do ano pasado ao tempo que quere ofrecer novas oportunidades. Ofrécense cursos de inglés para nenos e adultos, iniciación e perfeccionamento de baile latino, así como de baile moderno para os máis cativos e aeróbic. Dentro da música e danza tradicionais, ofrécense cursos de gaita de iniciación e baile para cativos e adultos. Unha das novidades deste ano é o curso de percusión tradicional e iniciación á solfa. Desde a asociación tentan que a aprendizaxe non se limite ás actividades que fan no centro, senón que os alumnos “o incorporen á súa vida cotiá”. Desde a organización, Paulo Jablonski explica que o obxectivo é converter estes clases en “parte da cultura viva” da xente.
Os cursos están abertos tanto aos socios do Centro Cultural como a calquera persoa interesada neles con independencia da súa residencia. Os interesados poden chamar aos teléfonos 666 934 347 ou 672 014 402 . Ademais a Asociación de Mulleres “Arela” de Saxamonde conta, tamén, cunha oferta de cursos. Pandeireta e ioga son as apostas de “Arela” para esta tempada. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 986 40 32 86.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará