Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e poesía de Xulia María na Xunqueira

RR_Noticias

A artista redondelá ofrece mañá un concerto no que presentará o seu último disco “A porta aberta” e o libro de poesía “Carne y ceniza”. Xulia María entende que as dúas disciplinas artísticas son “irmás” e agarda facer ó público cómplice do seu traballo. A cita é no Multiusos da Xunqueira o venres ás ás 20.30 horas.

Temas de Rafael Amor, Alberto Cortez ou Pablo Neruda mistúranse con composicións propias de Xulia María no disco “A porta aberta”. Algunhas das cancións como “San Simón esa illa” reflicten as raíces redondelás da artista, e tamén a súa vena poética. De feito o concerto que ofrecerá mañá venres no Multiusos da Xunqueira servirá para presentar tamén o seu libro de poemas “Carne y ceniza”. Unha obra literaria de marcado acento social, tal e como lembra a autora, que define a poesía como a súa particular terapia para loitar contra unha sociedade marcada polo consumismo. O obxectivo da artista é “conmover ó lector” para poder afastalo da indiferenza que hoxe se establece entre a cidadanía. Os que desexen coñecer máis de preto a súa obra teñen unha cita mañá venres ás 20.30 horas. No concerto estarán á venda tanto o libro como o CD, e a recadación será doada á ONG Hay un niño en la calle.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará