Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os traballadores de Urbaser suspenderán a folga se a empresa acepta retomar as negociacións

RR_Noticias

Representantes dos traballadores e da empresa de Urbaser en Soutomaior, Vilaboa e Pontecaldelas reuniranse hoxe nunha convocatoria organizada pola Inspección de Traballo. O obxectivo é dar unha solución o conflito que provocou a folga desde o día 16 de agosto.

A sede de Inspección e Traballo en Vigo acolle hoxe unha reunión entre os representantes dos traballadores da recollida do lixo en Soutomaior, Vilaboa e Pontecaldelas, por unha banda, e da empresa Urbaser por outro. O obxectivo da xuntanza é buscar unha saída ó conflito laboral que ten ós traballadores en folga desde o pasado día 16 de agosto. Ramón Vidal, voceiro dos empregados polo sindicato UXT, sinala que se a empresa acepta negociar o convenio e readmite ós tres traballadores despedidos, desconvocarán a folga. Logo de tres semanas de paro por parte dos traballadores, e a pesares do cumprimento dos servizos mínimos, o lixo segue a acumularse nas rúas dos concellos afectados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará